jueves, 27 de marzo de 2008

La vida es bella

O cómico Roberto Begnini ofrécenos nesta película unha das mellores reflexións que se pode facer sobre o que foi a terrible barbarie nazi contra os xudeos: a persecución na Italia da 2ª Guerra Mundial que levou a moitos xudeos ós campos de concentración nazi contada a través da historia dun pai que intenta evitarlle ó seu fillo que sepa o terrible e inxusta que é esa situación.
Nunca as bágoas e as gargalladas estiveron tan pretos unhas doutras. Rieste sen poder evitalo, aínda sabendo que te estás a rir de cousas terribles como foi o exterminio dos campos de concentración...
¡Disfrutade dela!

Máis datos en inglés... ou se prefires en castelán

Tamén podes disfrutar do que é o seu trailer (en inglés) clickando eiquí

Por certo se queres ler algún libro sobre a mesma temática ( pero con outro tono) non deixes de ler o bestseller do ano pasado "o neno co píxama a raias" (témolo na nosa biblioteca en galego e en castelán).

miércoles, 26 de marzo de 2008

El nombre de la rosa


Uns monxes asasinados nun remoto mosteiro ...
Un famoso detective e o seu xove axudante...
Un debate que pode cambiar á historia da cristiandade...
Unha estrana biblioteca e o seu misterioso contido...
A inquisición disposta a actuar...

Se queres saber máis

A película está baseada na novela do mesmo nome do famosos escritor italiano Umberto Eco.

Disfruta dun fragmento da película


La selva esmeralda


Película de temática ecoloxista baseada nunha historia real na que un enxeñeiro que traballa na construcción dunha presa na Amazonia ve coma o seu fillo pequeno desaparece.
A película xira en torno ó encontro anos despois de pai e fillo e do choque cultural que entre eles se produec, tendo como pano de fondo, a destrucción da selva do Amazonas e os enormes problemas que eso lle causa ós indíxenas que viven no seu interior.
É unha gran reflexión sobre a vida dos indíxenas e a súa cultura, pero tamén sobre o desastre medioambental que alí se está aproducir.

Máis información nesta páxina e nesta outra